arriba

 
Blanco
PortadaseparatorOferta EducativaseparatorCiclo Medio Dual Xestión Administrativa


Ciclo Medio Dual Xestión Administrativa

Que se aprende a facer?
Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?
En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento.

No centro ofrécese en modalidade dual.

A FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo. O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Para o seu cálculo, utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.

Máis información sobre a FP Dual aquí

Hecho con Padlet

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia como persoa usuaria, gardando preferencias, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses da persoa usuaria. Se se continúa a navegar por esta web consideramos que asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Para calquera dúbida ou suxestión pode usar a nosa sección «Contacte co IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro»