Formación Profesional Básica Servizos Administrativos
A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais de duración variable. Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
No IES Celanova contamos ca Formación Profesional Básica de Servizos Administrativos pertencente á familia profesional de Administración e Xestión