arriba

 
Blanco


Plan Proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade galega.

No IES Celanova temos en marcha dous proxectos:

Meteoescolas: para mellorar as competencias do alumnado en temas medioambientais e das ciencias da Terra e promover a investigación na escola, mediante a observación directa do tempo no seu centro e a contorna, así como desenvolvendo diversas competencias de xeito interdisciplinar.

Blog de Meteoescolas

Programa Deportivo de Centro: preténdese que o centro actúe como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados). O obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

Blog do Programa Deportivo de Centro 

 


Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR