O alumnado de literatura universal viaxou a Madrid a finais do mes pasado e celebrou así a semana do libro. Asistiron ao musical do Rei León, visitaron o Prado e o Raíña Sofía, gozaron dun roteiro literario e doutras actividades culturais e de esparcemento, que tamén son precisas.