O luns 30 de outubro de 2003 o profesor e escritor Gonzalo Navaza (Lalín, 1957) visitou o IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro. Perante o alumnado de 1.º Bacharelato explicou a orixe dalgúns dos dez contos que compoñen a súa obra Erros e Tánatos publicada orixinariamente en 1996 e que previamente lera este alumado. Tamén falou da orixe dos nomes propios de persoa, en particular da súa orixe, historia e significación (antroponimia) e dos nomes propios de lugar (toponimia).