O venres 19/01/2024 tivemos unha actividade sobre a FCT para o alumnado de FP na biblioteca, dentro do proxecto iMpulsa de Ayuda en Acción, a cargo do orientador vocacional Miki, e o profesorado de FP Julio, Pilar e Dina e a orientadora Carmen, convidamos a ex-alumn@s para que nos falaran da súa experiencia de FCT, tivemos a Jorge de Celanova Motor, Laura do Cemit, e Alvaro de Instalacións Vázquez, e despois un “World Café” con grandes profesionais da administración e xestión, Chelo da Mancomunidade, Amadino e Marina de Xurisgal, Marian de Xestoria Álvarez e Carlos de Zarrisco. Todxs os participantes da actividade fóronse moi satisfeitos, especialmente o alumnado que puido poñerse en contexto no seu vindeiro reto de superar as prácticas con suceso.