O Departamento de Administración e Xestión organizou para o alumnado de Formación Profesional unha visita á Zona Franca de Vigo, institución pública fundada en 1947 e na que se aplica un réxime aduaneiro especial. A saída tivo lugar o pasado día 12 de novembro e os paticipantes coñeceron, de mans do coordinador de aduanas, a historia, as función e as vantaxes para as empresas de pertencer ao Consorcio Zona Franca.
Ademáis, complementouse coa visita á sede do Consorcio Zona Franca, un edificio con moita historia, que se rematou de construir en 1865 e foi un fito no seu momento. Hoxe en día, conserva no seu interior una colección de arte na que figuran obras de autores como Pradilla, Laxeiro, Sotomayor, Maruja Mallo, la saga Quesada, Castelao, Xoán Piñeiro, Lodeiro, Antón Patiño, Antón Lamazares ou Silverio Rivas, que o alumnado puido observar.








