arriba

 
Blanco
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorConcerto de piano na bi...


Concerto de piano na biblioteca

Venres, 30-Xaneiro-2026

O venres día 30 de xaneiro, Día da Paz, celebramos finalmente o concerto de piano de Mª José Cid, adiado por mor da alerta meteorolóxica do día 23.
A través das mans da concertista desfilaron pola nosa biblioteca as notas de Bach, Rameau, Debussy ou Turina.
A temática do concerto era a Inspiración. A concertista falounos do contexto da creación artística, do paralelismo entre as artes (música, pintura e literatura) e tamén nos interpelou acerca das cousas que nos inspiran.
Gran parte do alumnado puido asisitir a una actividade á que seguramente non acudiría porque de entrada non cae dentro dos seus gustos á hora de xestionar o tempo de ocio. Deste xeito puideron vivir una nova experiencia dentro do contexto escolar.


Concerto de piano na biblioteca - Foto 1
Concerto de piano na biblioteca - Foto 2
Concerto de piano na biblioteca - Foto 3
Concerto de piano na biblioteca - Foto 4


Mais noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia como persoa usuaria, gardando preferencias, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses da persoa usuaria. Se se continúa a navegar por esta web consideramos que asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Para calquera dúbida ou suxestión pode usar a nosa sección «Contacte co IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro».

PECHAR