arriba
       


 
Blanco
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorVisita ó Ribeiro do alu...


Visita ó Ribeiro do alumnado de FP Básica

Luns, 28-Novembro-2022

O pasado 28 de novembro o alumnado da FPB realizou unha visita didáctica á denominación de orixe do Ribeiro.
Da man de Juan Casares, Presidente do C.R.D.O. O Ribeiro, o alumnado visitou EVEGA, a adega Fernando Cibeira e o Consello Regulador da DOP O Ribeiro.
En EVEGA puideron coñecer o labor de I+D+I levada a cabo para preservar variedades autóctonas e afrontar plagas que poidan xurdir.
Na adega Fernando Cibeira o propio Fernando explicoulles como xurdiu a idea de negocio así como o proceso de elaboración e distribución do viño.
Por último, no Consello Regulador, Juan explicoulles o labor de promoción e control de calidade dos viños pertencentes a esta denominación.


Visita ó Ribeiro do alumnado de FP Básica - Foto 1
Visita ó Ribeiro do alumnado de FP Básica - Foto 2
Visita ó Ribeiro do alumnado de FP Básica - Foto 3
Visita ó Ribeiro do alumnado de FP Básica - Foto 4
Visita ó Ribeiro do alumnado de FP Básica - Foto 5
Visita ó Ribeiro do alumnado de FP Básica - Foto 6


Mais noticias...

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia de usuario, gardando preferencias, produtos visitados, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses do usuario. Si se continua navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso..
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calquera dúbida ou suxestión utilize usar nosa «sección de contacto.»

PECHAR