O alumnado de Economía de 1.º de Bacharelato visitou dúas empresas no parque tecnolóxico de Galicia co obxectivo de fomentar o espírito emprendedor e ver a tecnoloxía empregada. Primeiro visitamos a empresa "Sinaldent Edesdev" dedicada á fabricación de próteses dentais cunha das tecnoloxías máis avanzadas e innovadoras do sector, o alumnado coñeceu de primeira man o seu funcionamento e as modernas máquinas empregadas no proceso de fabricación. A continuación visitamos o "Centro Tecnolóxico da Carne" onde coñecemos de primeira man o proceso que segue a carne para certificar a súa calidade, tamén nos ensinaron algunhas das investigacións que están a levar a cabo nos seus laboratorios e por último vimos cómo se fai unha cata de carnes.