arriba

 
Blanco
PortadaseparatorNovas-Novidades


Novas-Novidades



  1   2   3   4   5 Anterior

RECOLLIDA PREMIO METEOESCOLAS

O martes 10 de marzo fomos a Santiago recoller o premio Meteoescolas de Excelencia 2024-25!
 Ler máis... 

CELEBRACIÓN 8 M

Hoxe, luns 9 de marzo, o IES Celso Emilio Ferreiro celebrou a xornada reivindicativa do 8 M cos outros centros da vila e a Mancomunidade.
 Ler máis... 

III FEIRA IMPULSA NO IES CELANOVA

Hoxe tivo lugar no noso centro a III Feira Impulsa de Emprendemento, iniciativa do Proyecto Impulsa de Ayuda en Acción. A través desta, o alumnado puido coñecer diferentes alternativas tanto académicas como laborais.Nesta edición o alumnado puido visitar os seguintes postos de información...
 Ler máis... 

Teatro clásico

O alumnado de Latín e Cultura Clásica viaxou ao teatro Colón, en Coruña, para ver representadas a traxedia grega Antígona, de Sófocles, e a comedia latina Anfitrión, de Plauto. Ambas postas en escea polo grupo Corzos reunidos, como parte do Festival de Teatro Grecolatino A Coruña-Lugo-Tui 2026
 Ler máis... 

VIAXE A ITALIA FEBREIRO 2026

Do 14 ao 21 de febreiro, alumnado de latín do noso centro participou, xunto con profesorado ealumnado de outros 13 centros de Galicia, na Operación Exeria organizada pola SEEC Galicia, condestino Roma e Nápoles.Os catro primeiros días aloxáronse en Roma, visitaron o impresionante Coliseo, os For...
 Ler máis... 

Entroido 2026

O venres 20 de febreiro celebramos o Entroido 2026 cun desfile pola vila.
 Ler máis... 

Concerto de piano na biblioteca

O venres día 30 de xaneiro, Día da Paz, celebramos finalmente o concerto de piano de M José Cid, adiado por mor da alerta meteorolóxica do día 23. A través das mans da concertista desfilaron pola nosa biblioteca as notas de Bach, Rameau, Debussy ou Turina.A temática do concerto era a Inspira...
 Ler máis... 
  • Concerto de Nadal

    Xoves, 18-Decembro-2025
    O pasado xoves 18 de decembro tivo lugar na biblioteca do centro o Concerto de Nadal no que participaron membros do profesorado, do alumnado, da EMBC e amigos de Celanova. Nesta ocasión interpretáronse a piano e clarinete pezas de Edvard Grieg, Philipp ...
  • Visita á Zona Franca de Vigo do alumnado de FP

    Sábado, 29-Novembro-2025
    O Departamento de Administración e Xestión organizou para o alumnado de Formación Profesional unha visita á Zona Franca de Vigo, institución pública fundada en 1947 e na que se aplica un réxime aduaneiro especial. A saída tivo lugar o pasado día 12 de n...
  • Presentación da Tabula de Castromao no IES

    Mércores, 19-Novembro-2025
    Hoxe tivo lugar no IES a presentación da Tabula Hospitalis de Castromao por parte do Museo Arqueolóxico de Ourense e formando parte do proxecto da nosa biblioteca "A peza do mes". A presentación da peza correu a cargo do alumnado de 1 da ESO. O acto con...
  • Viaxe a Santiago. Concerto didáctico

    Luns, 27-Outubro-2025
    O alumnado de Música de 3 de ESO desfrutou o día 23 de outubro dunha viaxe didática na que todos asistiron a un concerto didáctico a cargo da Orquesta sinfónica de Galicia. No programa exploráronse algunhas das principais ideas e emocións da música ó lo...
  • Viaxe a Portugal

    Domingo, 26-Outubro-2025
    Entre os días 22 e 25 de outubro o alumnado de 4 ESO realizou una visita didáctica a Portugal, concretamente á súa capital Lisboa e tamén a Cascais, Coimbra e Aveiro. A primeira parada tivo lugar na cidade universitaria de Coimbra para coñecer os lugare...
  • Viaxe visita "Las Edades del Hombre"

    Xoves, 23-Outubro-2025
    O departamento de Relixión Católica ven de realizar, nos días 23 e 24 de outubro, unha visita co alumnado de Bacharelato ás cidades de Salamanca e Zamora para asistir á exposición de "Las Edades del Hombre". Ademais de visitar estas cidades e os seus mo...
  • CONCERTO POLA PAZ

    Mércores, 15-Outubro-2025
    Ben fermoso quedou o Concerto da Paz organizado onte, 15 de outubro, na biblio. O son do piano, con obras de Einaudi, Tchaikovsky, Debussy, Grass... alternou coa lectura de poemas a cargo do alumnado de oratoria, pedindo a PAZ, o cese das inxustizas, da...
  • PREMIO FEAEGA

    Venres, 19-Setembro-2025
    O día 18 de setembro acudimos ao Pazo de María Pita en A Coruña, sede do Concello, a recoller o premio FEAEGA Rafael Rodríguez Martin.O Fórum Europeo de Administradores da Educación (FEAE) é una organización non gobernamental sen ánimo de lucro que trab...
  • Premios MEGAU

    Venres, 20-Xuño-2025
    O venres 20 de xuño acompañamos a Vigo a Marcos, Aroa, Iria e Tamara a recoller o seu ben merecido premio ós mellores expedientes na parte xeral nas probas PAU de Galicia. Noraboa!!!
  • Viaxe a León do alumnado de 2º da ESO

    Luns, 16-Xuño-2025
    O alumnado de 2 da ESO viaxou a León como parte da aprendizaxe de Historia e Arte. Alí visitaron, entre outras cousas, a catedral gótica, a colexiata de San Isidoro, o centro de interpretación romano e a casa Botines de Gaudí. Tamén puideron visitar o c...
  • Excursión 1º ESO

    Venres, 13-Xuño-2025
    O alumando de 1 da ESO fixo o venres 13 de xuño unha saída á Fervenza de Celavella en Vilardevós, ó manacial de Cabreiroá e ó castelo de Monterrei!
  • Día das Letras Galegas 2025 no IES Celso Emilio Ferreiro

    Luns, 19-Maio-2025
    O IES Celso Emilio Ferreiro celebrou o Día das Letras Galegas con cancións, pandereteiras, concurso de coplas e entrega de premios. Enlace vídeo
  • GRADUACIÓN 2025

    Venres, 16-Maio-2025
    O pasado 16 de maio celebramos a graduación dos cursos: 1 FPB, 2 de BAC e 2 de Dual. Deixamos o enlace de acceso ás fotos: Fotos Graduación 2025
  1   2   3   4   5 Anterior



Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia como persoa usuaria, gardando preferencias, datos de acceso,..., co fin de ofrecer contidos adaptados aos intereses da persoa usuaria. Se se continúa a navegar por esta web consideramos que asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Para calquera dúbida ou suxestión pode usar a nosa sección «Contacte co IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro».

PECHAR